viernes, 18 de octubre de 2013

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN

1- Cales son os oríxenes de internet, en que ano e en que lugar se puxo en marcha, e en que consistía o seu uso. Cales eran os obxectivos a conseguir coa creación de internet?. Describe 5 usos de internet.

Os oríxenes de Internet remóntanse ao ano 1969, na Guerra Fría, debido a que o Departamento de Defensa Americano chegou á conclusión de que o seu sistema de comunicación era nulo e decidiu tomar medidas ao respecto. Para iso, crearon becas e axudas para universidades e centros privados e estimular as redes de ordenadores. Esa investigación foi chamada ARPAnet. Pretendía crear unha nova tecnoloxía que permitira comunicarse a través da rede a pesar de que esta estivera destruída. 
Anos despois, estableceuse un sistema de correo electrónico que creou bastante espectación pero para que iso funcionase, púxose en marcha un protocolo que permitía que a información viaxase dun ordenador a outro sen ter en conta a distacia de separación entre eles. Finalmente, tras sufrir diferentes evolución, ARPA net converteuse no que agora chamamos Internet.
Cinco dos obxectiviso de internet son: a búsqueda e intercambio de información, descarga de materiais na rede (traballos escolares, música, cine...), búsqueda de empleo, realización de trámites, compras de artículos...


2- Qué é a web, en que ano e en que lugar se inventou e con qué fin?

A web é un sistema, inventado en 1989, encargado da distribución de documentos de hipertextos aos que se pode acceder vía Internet a través dun Navegador co fin  de transmitir de maneira efectiva os coñecementos dun ordenador a outro, para iso, empregouse a linguaxe HTML

3- Que relación hai entre internet e a web?

A través de Internet podes ter acceso á Web.

4- Cantos anos pasaron dende a creación de internet ata a creación da web? 

Entre a creación de Internet (1969) e a creación da Web (1989) transcurriron un total de 20 anos.

5- Que é o hipertexto?

O hipertexto é un sistema que permite que un texto conteña enlaces a outras páxinas. Non está limitado a datos textuais senón que tamén a imaxes, audio ou video

6- Quen uniu o hipertexto e internet? 

Berners-Lee, un científico británico, no ano 1989.

7- A partir de que ano foi gratuíta a web? 

A partir do 30 de abril de 1993, a web comezou a ser gratuita para todos.

8- Que buscadores utilizaches e que termos de busca? 

Primeira cuestión:
· Buscador: Google.
· Termo de búsqueda: "Origen de Internet"
http://www.nodo50.org/manuales/internet/1.htm

Segunda cuestión:
· Búscador: Google.
· Termo de búsqueda: "Para que se creó la web"   
http://www.quien-invento.com/2010/11/quien-invento-la-web.html 

Quinta cuestión:
· Buscador: Google
· Termo de búsqueda: "hipertexto"
http://www.wordreference.com/definicion/hipertexto

Sexta cuestión:
· Buscador: Google.
· Termo de búsqueda: "Quien unió el hipertexto con internet"
http://saratxaga.wordpress.com/2009/02/03/world-wide-web-internet-hypertext/   

Sexta cuestión:
· Buscador: Google.
· Termo de búsqueda: "Berners-Lee"
http://es.wikipedia.org/wiki/Tim_Berners-Lee   

Séptima cuestión:
· Buscador: Google
· Termo de búsqueda: "web"
http://es.wikipedia.org/wiki/World_Wide_Web  






No hay comentarios:

Publicar un comentario