lunes, 21 de octubre de 2013

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN

Utiliza os buscadores para responder a estas preguntas
1- Cales son os oríxenes de internet, en que ano e en que lugar se puxo en marcha, e en que consistía o seu uso. Cales eran os obxectivos a conseguir coa creación de internet?. Describe 5 usos de internet
  • Os oríxenes de internet están na época da Guerra Fría no ano 1969, cando os Estados Unidos, preocupados polo se o seu método de comunicación fallara e quedaran aislados decidiron buscar outras formas de transmitir información de forma que a información puidera seguir chegando aínda que red estivera rota. Así que chearon un sistema de conmutación de paquetes no cal a informaicón viaxaba fragmentada, pero se a red caída esta podía ir por outro camiño alternativo. 
  • Algúns usos de internet son: búsqueda de información, trámites administrativos, ocio (películas, música, xogos... ), publicidade e comunicación.
 2- Qué é a web, en que ano e en que lugar se inventou e con qué fin?
A web é un sistema de distribución de documentos que estan conectados entre si e que son accesibles a través de internet. Inventouse aproximadamente 1989. Isto ocorreu en Xinebra (Suíza). Creouse con fin de transmitir información dun ordenador a outro de forma máis efectiva.
 
3- Que relación hai entre internet e a web?
A web é accesible a través de internet. Se non existira non poderíamos entrar nela.
 
4- Cantos anos pasaron dende a creación de internet ata a creación da web?
 Internet creouse no ano 1969 e a web no 1989 así que transcurriron 20 anos.

5- Que é o hipertexto?
O hipertexto é un sistema que permite  que o texto conteña enlaces con outras partes dos documentos ou con outros.

6- Quen uniu o hipertexto e internet?
 Tim Berners- Lee no ano 1990.

7- A partir de que ano foi gratuíta a web? 
A partir do ano 1994 cando se acordou que a web non tería patentes de pago.
--------------------------
8- Que buscadores utilizaches e que termos de busca? 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario