miércoles, 7 de noviembre de 2012

UBUNTU

                           Que é Ubuntu?

Un sistema operativo, cuxo núcleo é Linux e que está baseado no sistema operativo Debian. As principais funcións de ubuntu é facilitar o uso e a instalación para o usuario. O seu patrocinador é unha compañía británica chamada Canonical, o cal ofrece un sistema gratuíto, e benefíciase cos servizos deste sistema e vendendo soporte técnico. Para mellorar os compoñentes do seu sistema operativo, aprobeita os desenvolvedores da comunidade.
Cada seis meses aparece unha nova versión de Ubuntu, que conta con algunhas suxerencias ou ideas que danos propios usuarios sobre como podería ser mellorado este sistema.

    A miña primeira experiencia con Ubuntu

Gústame, paréceme que é un sistema sinxelo de comprender e utilizar, e os seus programas pódense instalar co "xestor de paquetes Synaptic", algo moi fácil de utilizar e moi cómodo, debido a que tarda pouco en instalar os programas. Ademais, avísate de todo o que vai cambiar, instalar ou desinstalar coa instalación dese programa, e non o fai ata que ti non des o visto bon.


                  Opinión sobre Inkscape


Inkscape paréceme un programa semellante ao "paint" de windows, pero moito máis avanzado, pode ser utilizado con infinidade de fins como o debuxo de formas xeométricas sen ningún tipo de complicacións, así como de vectores rectos, e mesmo se pode engadir ao debuxo un texto. É moi sinxelo de utilizar e ten moitas opcións e filtros para modificar a cor, a letra, o grosor das liñas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario