viernes, 15 de noviembre de 2013

UBUNTU

  • ¿Qué é Ubuntu?. Podeste documentar na Web (non copiar). 
Ubunto é un sistema operativo basado en linux xa que usa o seu núcleo, pero utiliza aplicacións dun proxecto para crear programas libres chamado GNU. É libre e gratuito.


  • Unha captura de pantalla do escritorio.

    • Opinión sobre a túa primeira experiencia con Ubuntu.
    A primeira vez que usei Ubuntu foi no instituto e gustoume moito. Pareceume que tiña un diseño moi bonito e que era moito máis fácil de usar do que pensaba. Ademais de que me resultou moito mais sinxelo atopar os programas.
    Agora prefiroo a Windows. Xa que, para min, é máis útil para traballar. Non da moitos erros e é rápido a hora de arrancar. Tamén ten moitos opcións de configuración, tanto estéticas (como efectos especiais da pantalla), ou poñer varios escritorios. Outra cousa que me parece moi útil e a posibilidade de instalar por comandos, xa que isto facilita moito a proceso, e hai moitos tutoriais que internet que explican como facelo ou onde podes atopalos comandos.


    • Opinión sobre algún programa Linux coma Inkscape, Banshee, Clementine, Gimp, Qcad ou outro que consideres interesante, se non o tes, podes instalalo. 

    Gimp é un programa que se utiliza para editar imaxes, é gratuito e é semellante a photoshop.Pareceme que está moi ben, xa que ten moitas ferramentas e opcións, pero creo que é un pouco complicado de manexar. Ten a vantaxe de que é gratuíto, o que facilita a sua accesibilidade.


    Inkscape é un editor de gráficos vectoriais moi parecido ao Corel ou Ilustrator. É gratuíto, libre e estable. Podes facer deseños moi complexos, aínda que se non ten coñecementos sobre o programa resulta moi difícil.



    • A entrada ademais debe ter 4 enlaces e dúas imaxes ou vídeos.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario