martes, 23 de septiembre de 2014

Que é a información?

 A información é a recopilación ordenada de datos que se dan ou reciben, sobre algo ou alguén, para poder coñecelo con máis profundidade.
 Principalmente, debe estar descrita de forma obxectiva. A maneira de explicala, as palabras que se usan, e a súa estructura, influirán na forma na que chegue ao receptor, que xuzgará, criticará e sacará as súas propias conclusións sobre estos feitos.

 O hoxe en día, coñecido como a era da información, está composto de miles e miles de datos a niveis masivos. Maioritariamente extendidos polos medios de comunicación, tales como programas televisivos, xornais, revistas, publicidade, páxinas de Internet, etc., moitas veces tenden a ser manipulados. En parte dos casos débese a que unha persoa non está de acordo cunha corrente ou cunha determinada maneira de pensar (ou, polo contrario, sí que o está); polo que altera o material recollido coa intención de beneficiar ou danar a alguén ou a un grupo social. Esto non só se aplica na forma escrita: tamén en vídeos ou imaxes.

 Cando unha canle de televisión ou algunha revista segue certa corriente política ou social, por exemplo, procura colocar á mesma de forma que pareza a mellor e a máis agradable entre todas; mentres que a súa competencia a mostrará de maneira menosprezada.

Bibliografía 

Información

Imaxes

No hay comentarios:

Publicar un comentario