martes, 18 de noviembre de 2014

Ubuntu.




 Ubuntu (que significa "son porque nós somos")¹ é un sistema operativo de Linux lanzado en 2004 de licencia gratuita. Renóvase cada medio ano para poder manter actualizadas as aplicacións e conta cun alto nivel de seguridade ata o punto de non necesitar antivitus.
Fondo de pantalla



 A primeira vez que o usei foi nos portátiles do proxecto ABALAR do instituto. Foi moi rápido afacerse a el, realmente sinxelo e práctico de usar, e os ordenadores sempre tiveron a mitade de problemas que os que tiñan Windows instalado. Non planeei seriamente descargalo por mor de poder estropear o meu anterior sistema operativo ao non facer a correcta instalación, pero é un sistema que lle recomendaría a moita xente, especialmente os que sexan fanáticos de manexar a terminal ou os que busquen rapidez e seguridade cando prenden o seu ordenador.

 Unha das aplicacións que máis usaba, ata que deixou de funcionar correctamente no meu PC persoal, era Gimp, que o teño dende fai moitos anos por unha amiga que mo recomendou, e tamén o usamos durante unha actividade escolar. Ten unha infinidade de opcións para mellorar e editar as fotos: permíteche renderizalas e facer montaxes, añadir textos, cambiar cores, añadir filtros, recortar e modificar o tamaño, e ademáis podes gardar o traballo final entre moitos tipos de archivo diferentes, entre moitos outros. O QCad ou o Inkscape foron ferramentas de clase durante un ou dous cursos, pero persoalmente eran demasiado profesionais para min, aínda que eran igual de completos.

¹ (Atopado en Definición.de o 17-11-2014)

No hay comentarios:

Publicar un comentario