miércoles, 5 de junio de 2013

VIAXE POLA REDE


A información circula por internet a través de paquetes de datos. Os paquetes de datos son as unidades nas que se divide a información enviada a través de internet. Esta división simplifica o control da comunicación, así como a comprobación de erros. Estos paquetes percorren a rede de internet dun punto a outro.



Para determinar o punto ao que debe chegar o paquete, determinamos unhas direccións, denominadas direccións IP, que, mediante unha dirección numérica, indican a máquina receptora. Esta serie numérica consta de catro números, do 0 ao 255, separados por puntos.

A conmutación de paquetes é o proceso de dividir unha mensaxe enviada en varias partes que viaxan por rutas independentes arredor da rede. Isto permite que, se un paquete non chega ó receptor, só deberá ser reenviada esta parte, chegando o resto da mensaxe correctamente ó seu destino. Polo tanto, isto axuda a previr a perda de información.
Para transmitir información dun operador a outro utilizamos habitualmente o Protocolo TCP/IP.  
  • O TCP encárganse de fragmentar a mensaxe en paquetes cando se transmite, así como de reconstruíla cando chega ao seu destino.
  • O IP, sen embargo, encárganse do envío de paquetes a través da rede evitando erros. Para iso, redirecciona as unidades tratando de evitar a perda da mensaxe por un erro nunha rede determinada. 
Existen dous métodos para o envío de información a través de internet: 
 
Internet está formado por unha rede de datagramas, e non todos os paquetes teñen que seguir a mesma ruta. Existen dúas tendencias en canto á orientación do equipo cara internet:
- Orientado á conexión: utiliza o protocolo TCP, que garantiza a chegada de todos os datos en orde.
- Non orientado á conexión: utilízase o UDP, que non garantiza a chegada dos paquetes. 
Se un paquete non chega ó seu destino, e responsabilidade da estación de orixe a súa recuperación.

Ten un funcionamento similar á rede de conmutación de circuitos, coa diferencia de que nos circuitos virtuais a ruta non é dedicada, se non que un único enlace entre dous nodos pódese compartir dinamicamente no tempo por varios paquetes. Antes de que o paquete sexa enviado, establécese unha relación entre emisor e receptor adxudicando ós paquetes a súa ruta e comprobando a operatividade do receptor. Cada paquete conta con un receptor específico á súa chegada, sendo recibidos na mesma orde na que foron enviados.

O router é un dispositivo que debe atoparse ó envío da mensaxe e como receptor desta. A súa función é posibilitar a conectividade entre os equipos. No envío da mensaxe ocúpase tamén de decidir a ruta de envío de cada paquete. Este dispositivo ten unha dirección IP diferente á do equipo. Proporciona, polo tanto, conectividade a nivel de rede ou nivel tres no modelo OSI.
  

Irene Fernández Faraldo


No hay comentarios:

Publicar un comentario